Captures d’écran:
Description
Sempre en proceso de actualización para mellorar a experiencia co idioma de Windows! Windows fornece actualizacións de idioma gratuítas a través de Microsoft Store. Isto significa que melloramos continuamente o teu idioma local para poder enviar automaticamente estas actualizacións ao teu dispositivo. Ao instalar a aplicación Paquete de experiencia local, o texto de Windows no teu idioma sempre estará actualizado. Queres axudar a mellorar o texto de Windows no teu idioma local? Podes ofrecer suxestións sobre melloras no texto mediante a aplicación Plataforma común de comentarios que se inclúe con Windows. Só tes que escribir "Plataforma común de comentarios" na caixa de busca de Cortana ou manter premida a tecla Windows + F. Nota: tamén se poden instalar funcionalidades adicionais de soporte de idiomas, como dicionarios ortográficos e voz. Os requisitos de almacenamento varían segundo as funcionalidades instaladas.